
Cantas veces temos visto aos nosos pais ou avós pranchando os nosos pantalóns e camisetas? Moitísimas veces claro está.
Pois se os ves con moitas forzas e gañas pode ser o momento perfecto para que os invites a coñecer este fantástico e extremo deporte practicado xa en todos os rincóns da terra.
É moi simple practicalo, so precisas tres cousas: unha cámara, unha prancha e moitas gañas de arriscar a vida.
O obxectivo deste deporte e sacarse a mellor foto posíbel no lugar mais estraño do mundo: baixo a auga, correndo diante dun tren ou no alto do monte Everest.
Dende o ano 1995 houbo unha gran cantidade de campionatos de pranchado extemo, o mais famoso de todos foi o celebrado no ano 2002 na cidade de Munich en Alemaña onde non so se puntuaba a orixinalidade da foto se non que tamén era puntuada a técnica de pranchado coa cal era efectuada a foto.
0 comentarios:
Publicar un comentario