
O Sepak Takraw
Todo o mundo coñece o balonvolea ou o famoso fútbol tenis que tanta xente xoga no verán na praia cos amigos, amigas e mozas. Pero, que é o Sepak takraw?.
O Sepak Takraw é un deporte orixinario do continente asiático, e unha mestura entre o balonvolea e o fútbol, o que o diferenza principalmente destes é a pelota, que é de menor tamaño e dun material típico asiático que é a caña dunha planta.
O balón so pode ser golpeado cos pes e coa cabeza e o obxectivo e lanzar o balón dun campo de xogo ao outro pasando por riba da rede dun metro e medio de alto e de seis con un metros de ancho.
A pista empregada moitas veces para este deporte e a de balonvolea (baixando un pouco a altura da rede).
Cada equipo está integrado por tres xogadores, hai diferentes formas de colocarse no campo aínda que a mais común é a de xogar con dous defensas e un atacante.
Coma en todos os deportes ao longo dos últimos anos evolucionou moito e difundiuse polos países do continente asiático, creando así uns campionatos a nivel de cada país e tamén entre os países nos que se practica este deporte tanto de forma amaetur coma a nivel profesional.
Cal é en realidade o obxectivo do xogo?
O obxectivo do xogo e facer que a pelota toque o campo do outro
equipo. Para gañar o partido un equipo ten que facer un total de 21 puntos para gañar un set, e para gañar ten que facer un total de 2 sets, pero se cada equipo fai un set xógase un time-break no que o obxectivo e facer 15 puntos, quen gaña ese time-break é o gañador do partido.
A pelota é de forma esférica, de fibras sontéticas ou dunha capa de texido e debe de cubrir as seguintes características: -Ten que ter 12 aguxeiros e 20 interseccións, -A circunferencia ten que estar entre os 0,42 m e os 0,44 m para os hombres, e para as mulleres entre os 0,43 m e os 0,45 m, -O peso da pelota ten que estar entre os 170g e 180 g para os homes e entre os 150 g e os 160 g para as mulleres.
O Hoop Takraw é unha variación xogada en Tailandia, onde é coñecido como Lawd Lawd buang ou Huang. O xogo é semellante ao Sepak Takraw, especialmente nos seus movementos, ea énfase na creatividade, pero o obxectivo é poñer o balón nun arco en forma de cesta con tres ocos con forma de triángulo suspendido a 5,55 metros do solo. Cada equipo se lle atribúe un determinado período de tempo, xeralmente 20 ou 30 minutos para poñer o balón na cesta, cantas máis veces e co máximo de dignidade posible. Os puntos son concedidos segundo a dificultade, para que os xogadores se deixen o seu repertorio completo, como manobras como patadas coas pernas nun salto cruzandóas e outras actividades artísticas. Outra versión deste deporte consiste no uso de culleres de bambú tanto para deseñar e pegar un balón nun simple xogo de "catch".
0 comentarios:
Publicar un comentario