lunes, 11 de abril de 2016

Curling




O curling, é un deporte nado nas illas británicas ao redor do século XVI. O curling ten un gran parecido cos bolos e a petanca ingleses (estos dous deportes xogados tamén nunha pista de xeo).

Cada equipo posúe oito pedras de vinte quilos de granito as cales teñen que deslizar por unha pista de xeo de 45,5 metros de lonxitude e de 4,75 metros de ancho para intentar encaixalas nunha diana debuxada no chan de xeo.

Para facer esta labor están os varrendeiros (sweepers no idioma inglés), quenes provistos duns cepillos deben frotar o chan ao redor do trozo de granito sen tocalo.

Varrese ao redor da pedra de granito para reducir a velocidade, aumentala ou cambiar a ruta que segue a pedra de granito para que así o equipo consiga a mellor puntuación posíbel.

Despois de realizar todos os lanzamentos, a puntuación otórgase según a posición na que se encontren as pedras na diana do centro da pista. Gaña o equipo que teña unha puntuación superior.

Un partido normal xógase a oito ou dez mangas (é cando os dous equipos rematan os dezaseis lanzamentos). Sempre que un equipo remata unha manga e a gaña, comezará xogando a manga seguinte.

Os tres países onde mais se xoga ao curling son: Os Estados Unidos de América, Canadá e nos países do norte de Europa.

Ao longo da historia, coma en todos os deportes, houbo tanto a nivel mundial coma a nivel europeo campionatos Internacionais masculinos e femininos.

Os primeiros xogos europeos comezáronse a facer no 1975 en Megève (Francia), participaron oito equipos entre os cales ao final so quedaron tres para os metais: Escocia, Suecia e Suíza

Hai que destacar a España neste deporte por ser o 21º país con mais participacións (11 en total), sendo así o segundo mellor participante dos países bañados polo mediterráneo.

Así que si, se non o sabiades, aquí tamén hai xente que xoga ao curling.

0 comentarios:

Publicar un comentario