É un xogo moi rápido no cal enfrontanse dous equipos. Cada equipo xoga cun total de dez xogadores no campo.
Cada xogador leva un pau que no seu extremo leva unha rede que fai coma un cesto, a cal permite recoller a pequena pelota con facilidade e así darlle velocidade ao xogo.
Para que o gol sexa válido é necesario meter a pelota na rede do equipo contrario introducíndoa co cesto que se encontra no extremo do pau.
É un deporte moi popular nos E.E.U.U xa que dende a xuventude tanto os mozos coma as mozas o teñen practicado e xogado (moito mais as mulleres que os homes, xa que hai moitos mais campionatos a nivel universitario entre mulleres).
A orixe da lacrosse non está moi clara, pero creese que todo comezou entre os nativos americanos, os que se cría que xogaban cunha especie de trueiro confeccionado para a pesca do cangrexo.
En España apareceu a lacrosse non hai moitos anos, agora mesmo neste país so se coñecen uns 5 equipos contados, entre os que destacan o de Euskadi e o de Cataluña.
Cada catro anos hai a nivel mundial un campionato no cal participan varios equipos pero que case sempre gaña o mesmo: Estados Unidos, tanto na categoría masculina coma na categoría feminina.
A integridade física na lacrosse e unha das cousas mais importantes, por elo tanto homes coma mulleres xogan cunhas proteccions. Casco no caso dos homes e coma un antifaz no caso das mulleres.
Ao ser un deporte rápido, para practicar este deporte é necesario un gran poderío físico para estar todo o tempo correndo para defender e atacar, aínda que na lacrosse moderna xógase con tres centrocampistas, tres dianteiros e un porteiro.
0 comentarios:
Publicar un comentario