martes, 12 de abril de 2016

O bosaball


O Bossaball é un deporte creado no ano 2005 por FIlips Eyckmans un xove deportista.
Este deporte é unha mezcla entre o voleibol o futbol a capoeira e a ximnasia.
Trata de que a pelota toque o solo do campo como no voleibol.Sen embargo, o campo fórmase por un colchón recheo de aire de 17,5 m de ancho x 8,5 m de largo por 1,4 m de alto, é outro colchón máis grande que non ten un tamaño estándar que é de seguridade( o bossaball), no medio vése un colchón en forma de oito que no medio ten unha cama elástica no que os xogadores saltan para poder dar a pelota, e a altura da rede depende de se xogan nenos, homes ou mullleres.
Os xogadores varían de tres a cinco dependendo da xente que queira xogar.
Para marcar un punto os xogadores poden dar hasta oito toques ao balón antes de pasalo ao outro campo, poden tocar o balón con todas as partes do corpo excepto coa man que só a poden tocar unha vez e co pe que só a poden tocar dúas veces antes de pasalo a outro campo ou a outro xogador.
Cando o balón cae no outro campo súmase un punto, se cae na zona de cáma elástica súmanse tres puntos é se cae no bossaball non súmase ningún punto e continúase o xogo.
Un equipo gaña cando chegan a vinte un puntos gañando por diferenza de dous(o set) tres veces, unha por cada set.
En canto ao saque, realízase co pé e saca o equipo que gañou o punto anterior, ao comenzo de cada set sortéase o equipo que empezara sacando.

Prancha extrema

Cantas veces temos visto aos nosos pais ou avós pranchando os nosos pantalóns e camisetas? Moitísimas veces claro está.

Pois se os ves con moitas forzas e gañas pode ser o momento perfecto para que os invites a coñecer este fantástico e extremo deporte practicado xa en todos os rincóns da terra.

É moi simple practicalo, so precisas tres cousas: unha cámara, unha prancha e moitas gañas de arriscar a vida.

O obxectivo deste deporte e sacarse a mellor foto posíbel no lugar mais estraño do mundo: baixo a auga, correndo diante dun tren ou no alto do monte Everest.
Dende o ano 1995 houbo unha gran cantidade de campionatos de pranchado extemo, o mais famoso de todos foi o celebrado no ano 2002 na cidade de Munich en Alemaña onde non so se puntuaba a orixinalidade da foto se non que tamén era puntuada a técnica de pranchado coa cal era efectuada a foto.

lunes, 11 de abril de 2016

Curling




O curling, é un deporte nado nas illas británicas ao redor do século XVI. O curling ten un gran parecido cos bolos e a petanca ingleses (estos dous deportes xogados tamén nunha pista de xeo).

Cada equipo posúe oito pedras de vinte quilos de granito as cales teñen que deslizar por unha pista de xeo de 45,5 metros de lonxitude e de 4,75 metros de ancho para intentar encaixalas nunha diana debuxada no chan de xeo.

Para facer esta labor están os varrendeiros (sweepers no idioma inglés), quenes provistos duns cepillos deben frotar o chan ao redor do trozo de granito sen tocalo.

Varrese ao redor da pedra de granito para reducir a velocidade, aumentala ou cambiar a ruta que segue a pedra de granito para que así o equipo consiga a mellor puntuación posíbel.

Despois de realizar todos os lanzamentos, a puntuación otórgase según a posición na que se encontren as pedras na diana do centro da pista. Gaña o equipo que teña unha puntuación superior.

Un partido normal xógase a oito ou dez mangas (é cando os dous equipos rematan os dezaseis lanzamentos). Sempre que un equipo remata unha manga e a gaña, comezará xogando a manga seguinte.

Os tres países onde mais se xoga ao curling son: Os Estados Unidos de América, Canadá e nos países do norte de Europa.

Ao longo da historia, coma en todos os deportes, houbo tanto a nivel mundial coma a nivel europeo campionatos Internacionais masculinos e femininos.

Os primeiros xogos europeos comezáronse a facer no 1975 en Megève (Francia), participaron oito equipos entre os cales ao final so quedaron tres para os metais: Escocia, Suecia e Suíza

Hai que destacar a España neste deporte por ser o 21º país con mais participacións (11 en total), sendo así o segundo mellor participante dos países bañados polo mediterráneo.

Así que si, se non o sabiades, aquí tamén hai xente que xoga ao curling.

O Korfball


O Korfball, tamén chamado balonkorf, é un deporte xogado entre dous equipos que buscan introducir un balón nunha cesta. Os equipos son mixtos, composto por catro homes e catro mulleres en cada formación, a área de xogo divídese en zonas de ataque e de defensa.
Ao Korfbal l xógase cunha bóla, tanto interiores como en exteriores. O tamaño do campo é de 20 m x 40 m (22 m a 44 m). O campo está dividido en dúas metades, chamadas zonas. En cada área hai un poste de 3,5 m (11,5 ft) de altura, cun cesto na parte superior. Esta colócase a dous terzos da distancia entre a liña central e a parte posterior da zona.
Un equipo de Korfball é mesturado (tendo oito xogadores, catro mulleres e catro homes). Cada equipo ten o seu propio adestrador, que pode cambiar os xogadores durante un partido, negociar co árbitro, crear formación para o partido e manter o espírito de equipo.
Un xogo consiste en dous períodos de 30 minutos cun  descanso de 5 a 15 minutos entre os períodos.
Dous homes e dúas mulleres de cada equipo están nunha zona, e outros están na outra zona. Durante o xogo non pódese cambiar de zona. Os homes e as mulleres xogan un al lado doutro, pero os duelos son home a home e muller a muller. Con todo, un xogador pode cambiar entre adversarios que el / ela estea defendendo, sempre que sexan do mesmo sexo. No inicio do  xogo un equipo escolle a metade da cancha que prefira. A metade que elixiron será a súa pista traseira, coa "súa" cesta nel. Os xogadores marcan por lanzar o balón  e metelo na cesta dos adversarios. Despois de dous goles, os atacantes se fan defensores e viceversa en ambos equipos. Entre estas modificacións de zona, os atacantes non poden poñer os pés na súa pista traseira, ou viceversa. Ao descanso, os equipos intercambian as metades. Cada equipo intenta marcar usando tácticas. As regras impiden a forza física dominando o xogo. O bloqueo, ni pegarlle patadas ou bater a pelota. Cando un xogador ten o balón, non pode regatear, correr ou camiñar con él, con todo, pode mover un pé, mentres que o outro permanece no mesmo lugar. Polo tanto táctica, eficiencia e traballo en equipo necesario, porque os xogadores teñen un do outro para manter o balón en movemento.

domingo, 10 de abril de 2016

O Sepak takraw


O Sepak Takraw
Todo o mundo coñece o balonvolea ou o famoso fútbol tenis que tanta xente xoga no verán na praia cos amigos, amigas e mozas. Pero, que é o Sepak takraw?.

O Sepak Takraw é un deporte orixinario do continente asiático, e unha mestura entre o balonvolea e o fútbol, o que o diferenza principalmente destes é a pelota, que é de menor tamaño e dun material típico asiático que é a caña dunha planta.

O balón so  pode ser golpeado cos pes e coa cabeza e o obxectivo e lanzar o balón dun campo de xogo ao outro pasando  por riba da rede dun metro e medio de alto  e de seis con un metros de ancho.

A pista empregada moitas veces para este deporte e a de balonvolea (baixando un pouco a altura da rede).
Cada equipo está integrado por tres xogadores, hai diferentes formas de colocarse no campo aínda que a mais común é a de xogar con dous defensas e un atacante.
Coma en todos os deportes ao longo dos últimos anos evolucionou moito e difundiuse polos países  do continente asiático, creando así uns campionatos a nivel de cada país e tamén entre os países nos que se practica este deporte tanto de forma amaetur coma a nivel profesional.
 Cal é en realidade o obxectivo do xogo?

O obxectivo do xogo e facer que a pelota toque o campo do outro 
equipo. Para gañar o partido un equipo ten que facer un total de 21 puntos para gañar un set, e para gañar ten que facer un total de 2 sets, pero se cada equipo fai un set xógase un time-break no que o obxectivo e facer 15 puntos, quen gaña ese time-break é o gañador do partido.
A pelota é de forma esférica, de fibras sontéticas ou dunha capa de texido e debe de cubrir as seguintes características: -Ten que ter 12 aguxeiros e 20 interseccións, -A circunferencia ten que estar entre os 0,42 m e os 0,44 m para os hombres, e para as mulleres entre os 0,43 m e os 0,45 m, -O peso da pelota ten que estar entre os 170g e 180 g para os homes e entre os 150 g e os 160 g para as mulleres.


O Hoop Takraw é unha variación xogada en Tailandia, onde é coñecido como Lawd Lawd buang ou Huang. O xogo é semellante ao Sepak Takraw, especialmente nos seus movementos, ea énfase na creatividade, pero o obxectivo é poñer o balón nun arco en forma de cesta con tres ocos con forma de triángulo suspendido a 5,55 metros do solo. Cada equipo se lle atribúe un determinado período de tempo, xeralmente 20 ou 30 minutos para poñer o balón na cesta, cantas máis veces e co máximo de dignidade posible. Os puntos son concedidos segundo a dificultade, para que os xogadores se deixen o seu repertorio completo, como manobras como patadas coas pernas nun salto cruzandóas e outras actividades artísticas. Outra versión deste deporte consiste no uso de culleres de bambú tanto para deseñar e pegar un balón nun simple xogo de "catch".

jueves, 7 de abril de 2016

Lacrosse


É un xogo moi rápido no cal enfrontanse dous equipos. Cada equipo xoga cun total de dez xogadores no campo.
Cada xogador leva un pau que no seu extremo leva unha rede que fai coma un cesto, a cal permite recoller a pequena pelota con facilidade e así darlle velocidade ao xogo.
Para que o gol sexa válido é necesario meter a pelota na rede do equipo contrario introducíndoa co cesto que se encontra no extremo do pau.
É un deporte moi popular nos E.E.U.U xa que dende a xuventude tanto os mozos coma as mozas o teñen practicado e xogado (moito mais as mulleres que os homes, xa que hai moitos mais campionatos a nivel universitario entre mulleres).
A orixe da lacrosse non está moi clara, pero creese que todo comezou entre os nativos americanos, os que se cría que xogaban cunha especie de trueiro confeccionado para a pesca do cangrexo.
En España apareceu a lacrosse non hai moitos anos, agora mesmo neste país so se coñecen uns 5 equipos contados, entre os que destacan o de Euskadi e o de Cataluña.
Cada catro anos hai a nivel mundial un campionato no cal participan varios equipos pero que case sempre gaña o mesmo: Estados Unidos, tanto na categoría masculina coma na categoría feminina. 
A integridade física na lacrosse e unha das cousas mais importantes, por elo tanto homes coma mulleres xogan cunhas proteccions. Casco no caso dos homes e coma un antifaz no caso das mulleres.
Ao ser un deporte rápido, para practicar este deporte é necesario un gran poderío físico para estar todo o tempo correndo para defender e atacar, aínda que na lacrosse moderna xógase con tres centrocampistas, tres dianteiros e un porteiro. 

Fútbol Gaélico







É unha variante do fútbol a cal xogase principalmente nos países anglosaxóns sobre todo na República de  Irlanda.
Xogase con dous equipos de quince xogadores cada un os cales sitúanse a ambos lados dun campo rectangular de céspede natural.
Cada equipo ten que protexer unha portería que na súa parte superior ten uns palos en forma de h.
O obxectivo do xogo e introducir o balón esférico (o cál ten un parecído co balón de balónvolea) na portería ou na h golpeando coas mans ou cos pés.
O gol na portería de abaixo vale menos que o gol na h, xa que é mais difícil introducir un balón polo interior dunha portería no chan que non nunha suspendida no aire.
O balón so se pode levar nas mans para pasalo dun xogador a outro.
Non se pode conducir o balón cos pes xa que sería pitada falta polo arbitro.
Un das cousas que mais gusta a xente que practica iste deporte e o poder placar sen facer falta, xa que no fútbol gaélico está permitido facer placaxes.
É dicir, o fútbol gaélico ven sendo unha mestura entre o rugby e o fútbol da actualidade.
O tempo de xogo divídese en dúas partes, cada unha ten unha duración de 35 minutos cun descanso de 20 minutos polo medio.
 En Galicia este deporte desenvolveuse moito na última década, coa aparición de varios equipos masculinos coma Fillos de Breogán, Irmandinhos, Mecos, Pontevedra e Estrela Vermelha e tres na modalidade feminina Fillas de Breogán, Irmandinhas, e as Mecas. 
Con todos istos equipos naceron as dúas ligas galegas unha masculina e outra feminina, chamada Primeira Galega ou tamén, Liga de Gallaecia.
Nos últimos anos a federación galega de Fútbol  gaélico estivo moi en contacto coa federación irlandesa para que recoñocera ao equipo galego, coma selección a participar nos campionatos en Irlanda..

Natación




 





A natación encontrase dentro dos deportes de tipo acuáticos coma o waterpolo ou a natación sincronizada.
 O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal é o nadador máis rápido.
A natación determínase por un conxunto de regras, pero a regra mais básica é a que dí o estilo  necesario para realizar a proba duns metros determinados.

Os estilos son:

Crol: consiste en que un dos brazos do nadador móvese no aire coa palma da man cara abaixo disposta a ingresar na auga, e o cóbado relaxado, mentres o o outro brazo avanza baixo a auga. Mentras isto se realiza é necesario o movemento contínuo das pernas na auga.

Bolboreta: é unha variación do estilo braza na que ambos brazos elevanse xuntos á fronte, por enriba da auga, e logo cara a atrás ao mesmo tempo. Este estilo consiste en facer un movemento parecído ao dunha bolboreta pero no interior da auga

Braza: é un estilo que pretende imitar o movemento que fai unha rá no agua, é un estilo moi complexo, xa que a patada ten moita dificultade.

Costas: É un estilo moi parecido ao crol, o único que o diferenza deste é que nadase coa boca fora do auga. Mirando cara o teito, dito dunha forma moito mais sinxela e mais fácil de entender.
Así a natación nombrase como un dos dez deportes mais completos do planeta, tanto pola súa complexidade física como pola necesidade de pensar cada movemento que se fai.

Nomeamos neste blog a natación non porque o consideremos un deporte moi pequeno se non que o nomeamos polo duro que é, e o pouco valor que se lle da ao redor de todo o mundo.

Agora gustaríanos nomear e enseñarvos uns nadadores españois e galegos que ao longo dos ultimos anos triunfaron neste deporte.

 

Mireia Belmote: Nada en Badalona, Cataluña.

É unha nadadora española que nos últimos anos é considerada coma a ”raiña” deste deporte en España por todos os metais gañados a nivel internacional e as participacións en númerosos campionatos.


No seu palmarés podese apreciar todo tipo de premios dende deportista do ano ata filla predilecta de Badalona,  pero sen dúbida algunha as mais importantes son as trinta e seis medallas que esta xoven atleta gañou entre campionatos europeos, mundiais e olimpiadas.


UNHA AUTÉNTICA CAMPIONA

Rafael Múñoz: Nado en Córdoba, Andalucía 

Nadador considerado tamén o mellor nadador da historia. Ademais dos numerosos metais gañados representando a España (10 en total entre os campionatos mundiais, europeos e olimpiadas) este boísimo nadador, encóntrase entre os poucos privilexiados que posúen un récord mundial, nos 50 metros bolboreta. 

Beatriz Gómez: Nada en Pontevedra, Galicia.

Nadadora galega que chegou a participar nas olimpiadas de Londres 2012.
Ademais de participar nestas olimpadas anos antes chegou a gañar un ouro nos douscentos estilos, procramámdose así nunha das deportistas mais xoves en lograr un ouro.
O que habería que destacar desta deportista é a súa mellora como nadadora sempre entrenando en Galicia,  no Centro De Alto Rendemento galego e na piscina do seu clube. O clube natación Galaico de Pontevedra.

 










jueves, 17 de marzo de 2016

Sabias que...




-Sabías que haberá un momento no que xa non se podan superar os records olímpicos?Chegará un momento no que os humanos non poderán correr máis rápido ou saltar máis alto ou estar máis fortes. Estímase que en dúas décadas, a raza humana vai acadar o límite da súa capacidade fisiolóxicas. A esta conclusión é a que chegaron os expertos do Instituto de Investigación Biomédica do Deporte en Francia, despois de analizar 3.263 marcas mundiais no atletismo, natación, ciclismo, patinaxe de velocidade e levantamento de peso. Eles observaron que entre 1896-1968 claramente e moitas veces se romperon marcas deportivas, ; Tamén observaron que os atletas da primeira Olimpíada empregaban o 75% das súas capacidades fisiolóxicas e hoxe alcanzaron o 99%. Se as condicións actuais prevalecen, en 2027 as marcas globais só se poderán mellorar nun 0,05%.
-A maior goleada nun partido de fútbol oficial roza os 150 goles?O 29 de outubro de 2002 celebrouse no Estadio Municipal en Toamasina (Madagascar) o xogo entre os equipos DSA Antananarivo e  Emyrne na quinta rolda do playoff final, THB Champions League (Fútbol Campionato Madagascar). Cando o xogo estaba 1-2 e estaba a piques de rematar, o árbitro Benjamina unha pitou un penalti moi controvertido atribuído a DSA e marcou o gol que deixou o marcador a 2 de Emyrne deixándoo sin ningunha oportunidade de gañar o trofeo, aínda que había aínda unha rolda final.
Dous días despois (31 de outubro) a sexta e última xornada do playoff afrontou AS Adema (que era primeira clasificación e indirectamente beneficiado o empate xa mencionado) contra o Emyrne, foi xogado e esta é a maior goleada na historia que aconteceu nun partido oficial de fútbol: 149-0
Nada máis comezar o partido no primeiro minuto de xogo o árbitro (que foi a ser o mesmo) pitou unha falta en contra de Emyrne, de xeito que o adestrador deste equipo (Ratsimandresy Ratsarazaka) quedou irritado e instruíu o seu equipos autogolearse en protesta contra as inxustizas da arbitraxe que o seu equipo sufrira durante o torneo.
Os xogadores  de Emyrne cada vez que colleron o balón, o introducían na súa propia rede, mentres que a Adema miraba espantado o que estaba acontecendo.
O adestrador foi posteriormente condenado a tres anos de suspensión.
-O orixe da expresión KO: Aínda que sexa de orixe anglo-saxónica, o termo KO se instalou na nosa linguaxe coloquial para sinalizar cando alguén está sen conocemento o moi cansado: 'Eu non podo máis, o día de traballo deixoume KO'.
A súa popularización veu ata nós a través do mundo do pugilismo onde se usa para indicar que un boxeador está deitado sobre o solo do cuádrilatero e fóra de combate.
O termo KO vén das iniciais da expresión Inglés “Knock Out” e que os seus múltiples significados pode ser traducido como: fóra de combate, eliminar deixar sen sentido ou coñecemento.
Aínda que a España é frecuentemente utilizado a forma KO, a expresión Knock Out ten unha traducción ao castelán(noqueado), e esta é a forma correcta para referirse a alguén que foi derrotado rapidamente ou está sen sentido debido a un accidente vascular cerebral.


miércoles, 16 de marzo de 2016

Non so o balonpé é un deporte.

XA ESTAMOS FARTOS

Chegas a casa como outro día caquera, acendes o televisor e encontrasche cos deportes dunha das cadeas mais importantes de toda a nación española, o canal catro.
E alí está, o deporte rei;O balonpé.
O rei, a super estrela, o centro de atención, todo.É coma o mítico mozo da clase que mirache coma se foses unha pedra e non tiveras nengún valor.
Pero, por que ten que aparecer o balompé e non outros deportes coma o patinaxe artístico, a ximnasia ou a esgrima ?.
Isto e do que ímos falar no noso blog. 
Deses deportes que a xente nen coñece e que ésta mesma deixa no esquecemento, ímos falar deses deportes que polo que fora, practicamente ninguén decatárase da súa presenza.
Neste blog, ímos falar destes deportes  pequenos e estranos para dalos a coñecer, e que a xente que lea este blog poda dicir que sabe o que é o fútbol gaélico ou  outros deportes que nin se quera sónannos